O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol participou no acto "Vento Lois"
O CCE participou no recital “Vento Lois”, organizado polo Ateneo Ferrolán e o Concello de Ferrol,celebrando as Letras Galegas, o xoves 12 de maio no Cantón, e no que estiveron tamén a Mesa pola Normalización Lingüística, Fuco Buxán, Bartoleta Teatro, Eduardo Hermida e Rosa Méndez.
Intervención no acto do representante do CCE :
Dicía Manolo Rivas , de Lois Pereiro: Hai unha estreita relación entre a dor e a desolación que expresan os seus poemas e o seu engado polos “marabillosos detalles” que conforman ese froito perecedoiro chamado vida. Como un menciñeiro, nomeaba o mal para mantelo a raia.”
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, leva máis de 10 anos nomeando este mal que nos ameaza á beira da nosa Ría – A planta de Gas – e porque apostamos precisamente pola vida e porque non queremos ser alleos aos “marabillosos detalles” que conforman a actividade cultural da nosa terra, estamos aquí hoxe, a celebrar tamén con todas e todos, este día das Letras Galegas e a participar na homenaxe – iniciativa do Ateneo Ferrolán – a Lois Pereiro.
Álbum fotográfico
--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
0 Comentários